O Culturgal adianta novidades

Contará coa metade de orzamento e separará as actividades musicais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cartel de Culturgal 2013

Cartel de Culturgal 2013

Con 120.000 euros de orzamento, un 55% menos que no pasado ano, o Culturgal prepara a súa edición para 2013. O evento que continuará en Pontevedra, contará con novidades, segundo adiantou o seu director, Xosé Manuel Aldea. Así, ofertarase a posibilidade de que o público pague voluntariamente por asistir ao encontro, con vistas a que poida contribuír ao sostemento da actividade. Ademais, as actividades musicais serán maioritariamente de pago e faranse nunha carpa propia no exterior do Pazo da Cultura. O prazo para contratar postos e propor actividades para o evento, que se celebra entre o 29 de novembro e o 1 e decembro, está xa aberto.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Xosé Manuel Aldea, Pontevedra

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares