Desobediencia. Este é o ideario desta edición do Festival de POesiá do Condado, un encontro que este ano acollerá a nomes como Aurora Ceibe, Elvira Ribeiro, Chus Pato, Celso F. SanmartÃn, Nolim González, Sechu Sende, MarÃa Rosendo ou Mario Regueira. Fiel ao seu formato de programación con audiovisuais, debates e exposicións a cita desenvólvese esta fin de semana en Salvaterra do Miño. Por mor da baixada nun 60% das axudas institucionais, a Asociación Cultural e Desportiva (SCD que o organiza) recorreu á plataforma Verkami para financiar esta edición. A magnifique Baanda dos homes sen Medo máis Mónica de Nut e Virxilio Da Silva poñeranlle música a unha edición na que tamén están UxÃa Senlle, VÃctor Coyote, Malandrómeda e Sacha na horta.