A Lista de Honra de IBBY é como a xoia da coroa da litertura creada e pensada para os máis pequenos que se distribúe nas principais feiras do libro do mundo. Cada dous anos incorpora novos tÃtulos, a través de propostas que, no caso español, fai a organización española do libro infantil e xuvenil (OEPLI). Na escolma de nove tÃtulos propostos por esta entidade neste 2013 hai dúas referencias galegas: dunha banda Palabras de auga (Xerais) de Marcos Calveiro e da outra Contos por teléfono (Kalandraka), a tradución ao galego que Carlos Acevedo fixo da obra de Gianni Rodari e que recibiu o Premio Isaac DÃaz Pardo en 2011.