Son tres historias que, a priori, non comparten nada en común. Unha toma como base un feito histórico (Lobos sucios), outra unha das grandes novelas da nosa literatura(A esmorga) e outra unha banda deseñada e unha curtametraxe (Psiconautas). Entre as tres películas suman catro millóns de euros en produción audiovisual, e recibirán 865.000 euros en subvención do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA. Unha cifra que fai que estes tres proxectos serán unha realidade. Pero non antes do 2015.
A resolución de axudas de 2013 do ICAA foi ben recibida entre os produtores audiovisuais galegos. Logo do malestar acontecido en 2012 cando ningún proxecto recibiu financiamento do Instituto que depende do Ministerio de Educación (a través da Secretaría de Estado de Cultura), a produción galega volve recibir unha inxección económica. Son en total 865.000 euros, unha cifra con importe moi superior ao recibido en 2011, que rondou os 313.000 euros en tres títulos (as longametraxes A cicatriz branca e Sinbad, xunto coa curta documental Avión: El pueblo Ausente). Pero esta axuda, aínda que crucial, non é determinante, é unha parada máis dun longo camiño.
Lobos sucios
A orixe de Lobos sucios remóntase moito antes. Foi en 2006 cando Felipe Rodriguez Lameiro fixo unha curtametraxe documental que se adentraba na figura dun preso andaluz, un maquis fuxido das minas de wolframio, do que se namora unha muller chamada Manuela del Valle. Situábase no contexto da Segunda Guerra Mundial e o volframio que se sacaba das minas, utilizadas tamén como unha especie de campo de concentración, forneceron subministro bélico para os alemáns. Daquel proxecto orixinal do que sacou abondosa documentación, incorporáronse Paula Cons e Noelia del Río co obxectivo de facer unha miniserie. Á altura de 2011, tiñan tanto material que, como a propia Paula Cons asegura, era imposible deixalo morto, porque a historia era tan potente que decidimos que había que transformalo en película. Foi así, como aquela idea orixinal de Felipe Rodríguez Lameiro foi collendo forma de película. Nesa transformación cambiaron numerosas cousas. Se a curtametraxe documental se centraba nun home, a medida que fomos traballando o guión, Felipe tiña claro que a forza, e a acción tiña que estar nesa muller puntualiza.
Foi así como se perfilou a historia dunha mineira que ten enferma a súa filla e que precisa conseguir os máximos cartos posibles para pagar os medicamentos . Era unha época moi complexa na que eran todos a conseguir cartos a calquera prezo" apunta Cons. Este thriller de acción ten moitísimos xiros de guión e agora mesmo están en fase de perfeccionamento de guión e de completar o financiamento. Temos un coproductor andaluz e estamos ultimando novos socios tanto en Cataluña como en Bélxica explica. Alén da axuda do ICAA contan co apoio de Agadic e a participación de Televisión de Galicia e Canal Sur. A intención é que a rodaxe estea lista para finais de 2014 e, como apunta Cons, poder facer unha boa película e chegar a festivaiss que nos permita unha boa distribución para televisión.
A esmorga
Vendo a adaptación teatral que Sarabela Tetro fixo da obra de Eduardo Blanco Amor A esmorga hai dous anos quedei tan impresionado que decidín que había que levala ao cinema explica Ignacio Vilar sobre as motivacións que o levaron a embarcarse neste proxecto hai xa tres anos. Desde entón traballou a reo para conseguir o financiamento dunha produción que está a piques de comezar a rodaxe. Será o vindeiro 18 de setembro cando presente os detalles (o cásting, as datas e lugares de gravación) e prefire non adiantar nada porque os contratos aínda non están pechados. Con todo, recoñece que será unha visión moi persoal da novela que será moi respectuosa coa atmosfera na que o galego terá un peso determinante recoñece o director.
A día de hoxe, esta adaptación cinematográfica conta con axudas a producion de Agadic e o ICAA, o apoio da deputación de Ourense, o concello de Ourense, TVG e TVE . Pero tamén hai empresas privadas que están a pechar o patrocinio.
Psiconautas
Primeiro de todo foi unha banda deseñada que Alberto Vázquez debuxou hai dez anos. Psiconautas, explica o seu creador contaba historia duns adolescentes que viven nunha illa, que ten uns problemas de contaminación e de saídas laborais. Estaba dividida en dous grupos, Unhas rapazas que queren fuxir e logo está birdboy que era un ionqui. Precisamente, foi esta última personaxe quen lle deu a Alberto a idea dunha curtametraxe coa que en 2012 acadou o Goya na categoría de curtas de animación. Non me considero un director de animación, porque non teño formación específica pero o premio e o meu traballo actual levoume por este camiño asegura este debuxante que recoñece que tanto a banda deseñada como o audiovisual son curmáns que comparten cousas común aínda que teñen as súas propias regras.
Con todo, Vázquez levaba seis anos buscando produtora que materializase o soño de ver esta poética historia de denuncia social de dous mozos insatisfeitos que queren fuxir dun mundo asfixiante, e atopou en Circozine o aliado para levalo a cabo. "Non é unha historia pensada para un público infantil e familiar, senón máis ben para un público adulto, que se sitúa na estética de Hayao Miyazaki, feita en animación 2D". Agora mesmo a película está en fase de preproducción, a máis importante e determinante de toda elas onde Alberto se está a encargar de facer o story board da película.
O resultado poderase ver, de cumplirse as previsións, para 2015 no que traballa un equipo reducidísimo, de menos de 8 persoas, en colaboración coa produtora vasca Uniko.