No verán non se madruga e, por iso, numerosos programadores e xestores culturais aproveitan para ofrecer programas verspertinos e nocturnos. Unha forma diferente de achegarse á cultura que exploran distintos centros. Revistamos algunhas destas propostas.
Cando o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro decidiu abrir unha quenda nocturna, a súa non foi unha decisión exótica, senón máis ben todo o contrario. O seu xerente, Jorge Sayáns, explica que foi motivado polo feito de que con luz artificial os gravados se podían ver moito mellor que de día. Dous anos despois da apertura do parque, as visitas nocturnas (con ou sen cea) son unha forma máis de visitar o parque. Non só se reduce aos meses de verán, senón que se estende a todo o ano. Os visitantes, de xeito individual ou en grupo, solicitan unha cita e nós, desde o parque organizamos para que haxa un mínimo de dez persoas para poder facer a visita puntualiza. E a proposta funciona, incluso no inverno onde o tempo. A visita é totalmente diferente, hai xente que coñece o parque de día e, con todo, decide tamén vir pola noite e cando se vai asegura que é moi distinto.
Santiago: do paseo das estrelas ás actuacións musicais
A Fundación Cidade da Cultura programa varias actividades para os solpores e noites do verán. Dunha banda está o programa Atardecer no Gaiás, onde a praza exterior se converte nun escenario para fusionar a música clásica, a tradicional, o pop e o rock, o jazz, a electrónica, o funk, a poesía e propostas vangardistas. Neste espazo tiveron lugar nestes meses un total de 25 actuacións de pequeno formato con grande éxito de público. Máis tarde e xa de noite completamente a Cidade da Cultura ábrese como espazo para gozar do ceo. No programa Astronomía. Un novo lugar para ver o ceo dá paso a telescopios, prismáticos e planisferios servirán para escudriñar planetas coma Xúpiter e Mercurio, coñecer fenómenos tan curiosos como o das estrelas dobres ou deixarse abraiar polas Bágoas de San Lourenzo ao tempo que se descobre a cara quizais menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura.
E xa no centro da cidade concello e comerciantes programan as súas actividades para as noites do verán. Os primeiros, da man do programa verán na rúa con espectáculos de maxia, humor e clown. Os segundos co seu xa tradicional Feito a man con concertos en rúas e prazas emblemáticas da cidade.
Pontevedra e o seu museo
O Museo de Pontevedra, logo de completar a ampliación do centro, acaba de programar para os meses de agosto e setembro visitas guiadas nocturnas. Unha explicación de dúas horas de duración que arrinca nas ruinas de Santo Domingo e que conclúe na terraza do sexto edificio. Unha forma de coñecer o entramado do complexo e algúns dos fondos máis significativos dun centro que reabre as súas portas. Desde o Museo explican que o itinerario inclúe explicación das que son as pezas máis destacadas do centro, pero sen chegar a unha explicación en fondura porque para visitar cada centro xa hai outras visitas programadas.
Vigo: a noite branca
No marco da programación das festas e co obxectivo de destacra o patrimonio e actividades dos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo, esta administracio´n programou unha NOite Branca. Foi un único día, o pasado 9 de agosto, pero que tivo un gran acerto de público. A proposta supuxo ampliación do horario normal de funcionamento dos centros (Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional) ata as 02:00 da madrugada, máisa ctividades paralelas. Visitas guiadas, visitas teatralizadas no Museo "Quiñones de León" e na Fundación Laxeiro; a inauguración da exposicións: "NOWHERE. Propostas fóra de lugar" e concertos musicais na Casa das Artes (Fluzo e Dj Javier Álvarez), no xardín da solaina de Concepción Arenal do Pazo de Castrelos (Orquestra VIGO 430), na terraza do Verbum-Casa das Palabras (GazzFunkdation e Antía Otero) e no contorno do Marco-Príncipe-rúa Londres (V-go!Negro Son Coro&The V-Goers Soul Train e Mr. Vudú).
Todas as propostas eran de balde, agás o bus turístico con guía oficial que era de pagamento.
As actividades nocturnas existiron de sempre, faltan na programación deste ano as citas cinematográficas que ciudades como Santiago ofertaban da man de dous programas: Curtocircuíto ou mesmo as actividades do Verán.