Comeza en Palas de Rei a XIV Mosta Internacional de Teatro Amador

Paula Carballeira e Manuel C. Núñez Singala reciben os premios Careón e Mácara

Son xa 14 edicións dun encontro polo que este ano pasarán 12 grupos de Galicia e Portugal , que suman un total de 250 actores e actrices. A Mostra Internacional de Teatro Amador, que organiza a agrupación Metátese, continúa fiel ao seu estilo e presenta un programa que combina actuacións de formacións afeccionadas con actividades paralelas relacionadas coa arte dramática. Ademais, tamén terá lugar a entrega dos premios Careón e Mácara que este ano recaeron en Manuel Núñez e Paula Carballeira, respectivamente. O encontro, unha cita de referencia do teatro amador, desenvólvese desde o 22 de agosto ao 8 de setembro.

O premio Careón, que toma o seu nome do municipio ulloano, recoñece a traxectoria literaria dun escritor en lingua galega. Pola súa banda, o Mácara está destinado a actores, directores, escritores ou profesionais vencellado ao teatro que desenvolva labores a favor da arte dramática.