Unha nutrida delegación galega participa no Festival de Lorient

O encontro desenvólvese ata o 11 de agosto nesta cidade bretoa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Unha nutrida delegación galega participa no Festival de Lorient

Anxo Lorenzo, Edelmiro Fernández, Pablo Seoane Méndez, Taghaitai, Linho do Cuco, Asociación Cultural Traspés e a Banda de Gaitas de Forcarei marcan o desembarco galego do Festival Intercéltico de Lorient. Canda a eles, Tremuiños, Trécolas, Tromentelos ou Os D`abaixo actuarán no posto de 200 metros cadrados que leva a Xunta ao evento a través de Turismo de Galicia. Ismael García e Xesús Rodríguez participarán no Trofeo MacCrimmon pola súa banda, mentre Rodrigo Romaní caeu da delegación galega por mor dun accidente doméstico. O evento, que comezou o pasado venres día 2, desenvólvese na cidade bretoa ata o vindeiro 11 de agosto.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Lorenzo, Rodrigo Romaní, Turismo, Turismo de Galicia...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares