Reo, unha historia protagonizada por un grafiteiro adolescente, valeulle a Xesús Fraga facerse co Premio RaÃña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil na súa novena edición. O traballo de Fraga impúxose entre as 34 novelas presentadas por "escoller unha temática actual e unha linguaxe directa para rescatar valores", segundo sinalou o xurado e mais pola súa aposta por "falar da identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana". O autor levará o premio de 6.500 euros que concede a Deputación da Coruña e verá a súa obra publicada.