José Manuel Aldea coordinará o Culturgal 2013

A feira das industrias culturais celebrarase os 29, 30 de novembro e 1 de decembro

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá un ano máis o Culturgal. A organización da Feira das Industrias Culturais anunciaba esta mañá no seu Facebook que a nova edición se celebrará os días 29 e 30 de novembro e mais 1 de decembro. Desta volta será Xosé Manuel Aldea, da empresa Ouvirmos e vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Musicais, o responsable de coordinar o encontro, logo de deixar o posto hai dous meses Sergio Lago. A asociación Culturgal, que organiza o evento, acaba de obter 25.000 no marco das axudas para a accion e a promoción cultural 2013 que convoca o Ministerio de Cultura e que agora deberá xustificar.