A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia inicia este 19 de xullo a súa 29 edición. Malia aos importantes recortes orzamentarios e a suba do IVE cultural, que se presentan como principais ameazas para o evento, a Mostra continúa o seu camiño con boa saúde aparecendo como o punto de referencia fundamental para un sector escénico afundido nunha grave crise.
Unha redución de 35.000 euros no orzamento. A suba do IVE cultural. O atraso nos pagos das axudas comprometidas pola Xunta e mais polo Ministerio de Cultura. Os atrancos cos que se atopou a XXIX Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia foron importantes, pero ao final a edición abre as súas portas o vindeiro 19 de xullo facendo por manter o nivel e o número de espectáculos. Se o pasado ano foron 23 as obras presentes, neste 2013 preséntanse na vila 19, das cales 13 son estreas e 9 producións galegas.
Estreas
Segundo explica Roberto Pascual, director do evento “na programación combinamos traballos internacionais e galegos. Temos unha boa cantidade de estreas, moitas absolutas como son a de As do peixe de Cristina DomÃnguez sobre un texto Cándido Pazó ou o Romance dos figos de ouro de Teatro Cachirulo”. Canda a isto, no programa non faltan producións foráneas que se achegan ao noso paÃs nesta cita. Estrean asà compañÃas como La Zaranda, Premio Nacional de Teatro, os chilenos Viaje Inmóvil, que abren o cartel, ou T de Teatre, que clausura o evento e que se fixera co premio do público da última edición. E todo isto mantendo o prezo das entradas entre os 3 e os 10 euros.
Apoio ao sector
Pero, para alén de manter o nivel, o proxecto mesmo se expande e incorpora nesta edición un novo apartado. “Trátase dun programa ao que lle demos o nome de L co que procuramos o apoio a novas compañÃas”, explica Pascual, quen está convencido da necesidade deste tipo de espazos para promover o desenvolvemento do sector teatral. “Pretendemos que teña continuidade e que serva para animar a todos os emprendedores que tenten pór en marcha unha empresa teatral en calquera das súas vertentes, sexa para nenos, adultos ou de rúa. Entón, sen esquecermos o papel canónico que ten a mostra, queremos estar atentos a estas novas compañÃas. Moitas veñen de xente formada na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, e queremos que atopen a complicidade da Mostra”. Nesta edición, como non, entregaranse tamén os Premios Abrente de Honra que desta volta foron para o Diario Cultural, da Radio Galega e mais para a Revista Galega de Teatro, en recoñecemento ao seu traballo a prol da difusión das artes escénicas.
Os problemas
Encol dos problemas cos que se atopou a nova edición da MIT, Pascual sinala que “houbo un recorte excesivo e inxustificable do Ministerio de Cultura tanto no programa de teatro como en todos os subapartados. A isto súmase a circunstancia terrible da suba do IVE cultural, que afecta a compañÃas e festivais e que nin o Secretario de Estado de Cultura nin o director do INAEM poden defender”, explica. Fronte a este situación, “non impos permanecer impasibles. A Mostra ten a paixón e forza de máis de 15.000 espectadores”. Os patrocinios privados e a continuidade do apoio doutras administracións son as bases que permiten que o proxecto estea a continuar. “Desde o primeiro momento traballamos desde a eficiencia e a optimización de recursos. Pero que traballamos na consecución de financiamento privado non quere dicir que a Administración estea exenta de responsabilidades. Hai un traballo de difusión e de apoio das Artes Escénicas que debe abordar, e cómpre demandar unha Lei de Mecenado que anime ás empresas a investir en cultura”, explica Pascual.
O oasis
A MIT preséntase asà como un oasis no medio do sombrÃo panorama que nos últimos anos se lle presenta ao sector. “GustarÃanos non ser unha illa no medio do deserto, pero os tempos semellan amosar que é asÃ. AÃnda hai pouco soubemos que os compañeiros de Ourense non van poder facer a vindeira edición do FITO, e do mesmo xeito hai outros festivais que teñen unha importancia capital no seu contexto e que están a ter problemas. Isto é moi triste, hai que manter esa diversidade”. Fronte a isto, a MIT ten clara a súa aposta polo aspecto empresarial das artes escénicas. “O meu empeño é que Mostra funcione e demostre que falamos dun sector creativo moi potente e dinámico, que non é un luxo, un apéndice nin algo a recortar”. De feito ao seu ver, as importantes cifras de público que manexa o evento reflicten unha demanda crecente por espectáculos teatrais. “ Abordamos o diálogo da produción galega e internacional, tentamos visibilizar e proxectar o traballo que se fai aquÔ, explica.
O futuro inmediato
Malia ao escuro da situación, Pascual sinala que o proxecto seguirá adiante. “Seguimos a traballar con moita paixón, coa confianza do traballo feito, de xeito heito honesto e humilde”. A celebración, o vindeiro ano, da edición número 30 da mostra e dos 40 anos do grupo Abrente, que a impulsou, marca un fito que a organización quere aproveitar. “Agardamos contar cun impulso renovado e achegar novidades, temos claro que a cultura ten un engadido de creatividade e de impulso e que non nos podemos estancar. No equipo segue vivo o crisol de creatividade e paixón co que naceu a mostra”, explica. Precisamente a pasada semana, a ConsellarÃa de Cultura anunciou a súa intención de asinar un convenio que garanta a súa achega á Mostra, e adiantou que colaborará coa Real Academia Galega para conmemorar os 40 anos de Abrente. Quedamos pendentes dese futuro.