Afirmaba Tito Lesende que nalgunhas cidades galegas existe unha actividade musical frenética, case por enriba das posibilidades reais de demanda do lugar. Isto pode aplicarse a Santiago, onde un se atopa concertos tódolos días en locais que apostan por alternativas musicais moi diferentes. En palabras de Fran Villasenín, programador da sala santiaguesa máis importante, a Capitol: Santiago parece Nova York moitos días, podes atopar mariachis tocando no Fraggel Rock, jazz na Borriquita, doce irlandeses nas Crechas, o circuíto de cantautores no Sónar ou no Momo e ás bandas máis novas na Radio.
A eses locais que apunta un dos irmáns Villasenín (Andrés programa no mítico bar musical santiagués A Reixa) hai que engadir a actividade en salas, como a Capitol, á cebeza, ou a Sala Moon, que recolleu parte da actividade que antes se creaba na desaparecida Sala Nasa. Na Capitol pasan grupos que fai 10 anos non podería imaxinar que vería en Santiago. Temos moita sorte de ter unha sala que está considerada das mellores de España, apunta Fran Villasenín.
Un vistazo ó panorama local
Así, todos estes recunchos santiagueses convertéronse nunha oportunidade para disfrutar da música local. Un panorama musical no que formacións como Novedades Carminha, Ruxe Ruxe ou Dios Ke Te Crew (do veciño concello de Ordes) levan a dianteira en xéneros como o punk, o rock ou o hip hop, unidos a outras máis recentes como The Homens (power pop) ou Ataque Escampe (folk rock). Aínda así, existen formacións emerxentes menos coñecidas que proveñen da capital galega. Manuel Sánchez, de Desconcierto Cultural, sinala algunhas das que están no punto de mira da crítica: é o caso de Fluzo, un dúo que mestura o hip hop con letras en galego e electrónica e de Los Árboles, no lado máis pop.
Con máis rodaxe están Dirty Socks, un cuarteto que xa está curtido nos directos a través de actuacións en gran parte dos festivais nacionais, nos que telonearon a artistas como Placebo ou The Raveonettes. Defínense como unha banda de rock, aínda que só no seu propio concepto do termo, pois á hora de facer música tiran cara o post-punk e a psicodelia dos 60. Con dous traballos curtos ás súas costas (Dirty Socks e Abandoned Warehouse) dende a súa formación en 2007 só pensan no futuro, xa que están a compoñer o que será o seu próximo traballo.
Escoita aos Dirty Socks en Myspace
Repoñendo forzas
Mesmos plans que teñen os de Metralletas Lecheras, un cuarteto de surf garaxe que nestes intres atópanse en período de descanso, xa que os seus compoñentes adícanse a outras ocupacións. Esta é unha realidade que afecta a outras formacións galegas que ven inviable vivir da música e vense obrigados a compaxinar a súa paixón con outro traballo. Se este atópase noutras cidades ou noutros países, o grupo resíntese polo que a súa continuidade dificúltase. Aínda así, Rafa Anido, guitarra e voz de Metralletas, aposta por poñerse de novo a ensaiar con forzas.
As súas letras irreverentes son parte inconfundible dos seus temas: Aínda que poida parecer que só din bobadas, as nosas letras son moi importantes, explica Rafa Anido. Foron parte imprescindible do Galician Bizarre, iniciativa que recolleu nun par de recopilatorios temas dos grupos emerxentes galegos. Rafa non descarta unha terceira edición do Bizarre, aínda que Zé, baixista de Metralletas, declara que a iniciativa está morta, aínda que queda a inercia de todos eses anos.
Á proposta do Galician Bizarre uniuse o termo gastropunk, un termo que eles mesmos se aplican e que definen como filosofía de vida: mesturar a música coa comida e a bebida. De feito, Ze non concibe un concerto sen confraternizar coas outras bandas comendo e bebendo, a esencia do gastropunk. Se se busca a orixe deste termo chegarase ó grupo Los Iribarnes, formación punk xa desaparecida da que Rafa Anido tamén fora membro.
Nova promesa
Unha das novas promesas santiaguesas son Mequetrefe, cunha carreira breve pero intensa, foron semifinalistas do Proyecto Demo do Festival Internacional de Benicássim en 2008, cando acababan de nacer como formación. En 2010 deciden comezar publicando un LP (Play Off) no que definen o seu son: facemos cancións con diferentes rexistros, que poden incluírse en subxéneros como o shoegaze ou a psicodelia, apunta Gerardo, quen se encarga dos teclados de Mequetrefe. O seu segundo traballo, sería toda unha declaración de intencións xa dende o título, Kill All the Indies. E é que eles prefiren ter un son propio e non caer nos prexuízos do indie ou underground, corrente que consideran falta de autocrítica e como unha forma de socializar hoxe en día. Unha corrente na que se inclúe á gran maioría dos grupos emerxentes galegos, mais da que eles foxen, tentando non ser etiquetados e buscando o son propio, creando novas formas de facer música.