Un exemplar de Cantares gallegos ao que se lle engadiron varias páxinas nas cales se atopa unha fotografÃa inédita de RosalÃa de Castro, unha carta de Fernán Caballero á autora e un manuscrito do comezo do poema que inicia o libro. Este é o achado que presentaba esta mañá Anxo Angueira, presidente da Fundación RosalÃa, en compañÃa do director xeral da Fundación Barrié, Javier López. A imaxe agora descuberta está datada aproximadamente en 1863, mentres que a carta é unha copia manuscrita da que Caballero lle enviou á autora, da que se sabÃa a existencia pero cuxo orixinal estaba desaparecido.
A Fundación Barrié financiou a adquisición do volume que estaba en mans dun particular da zona de Vigo, e os fondos inéditos agora recuperados pasarán a se integrar na mostra No principio foi o verso que comisarÃa Pepe Barro, quen tamén participou na presentación desta mañá, e que está actualmente en itinerancia. Segundo investigacións do propio Angueira, o primeiro propietario do libro puido ser Ramón Segade Campoamor escritor e amigo de RosalÃa e MurguÃa.