O documental segue de moda. Son numerosas as producións deste xénero que se presentaron en Galicia nos últimos meses. De carácter histórico, social ou cultural teñen un fin divulgativo para dar a coñecer historias ao gran público. Revisamos nunha serie de dúas reportaxes algunhas das propostas recentes.
A fazaña da liberdade
Seném Outeiro dirixe "A Fazaña da Liberdade" (Filmika Produccións) , un documental que pretende popularizar a figura de Alexande Bóveda. O traballo achégase á figura de persoas que coñeceron directamente a Bóveda ou foron testemuños do seu legado. Ademais, hai abondosa documentación como documentos escritos, fotográficos, audiovisuais que utilizan un narrador para darlle un punto de vista actual. Non era a primeira vez que se promovía un intento de achegarse á figura deste intelectual. De feito, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel xa o fixera anteriormente, do que tiña material gravado, que puxo a disposición de Outeiro e o equipo de Filmika para contintar con este traballo de divulgación. O proxecto, que contou co apoio do Concello de Pontevedra, do Concello de Poio, da Deputación de Lugo e ao Concello de Ourense, presentouse en Pontevedra.
Shoots from Abyssinia
Unha historia persoal foi a que motivou a Ovidio Fernández a facer a súa última longametraxe documental Shoots from Abyssinia. Un proxecto que explica a viaxe persoal que realizou no verán de 2010 a Etiopía co seu fillo Abdul, etíope de nacemento e galego de adopción. Canda eles, Catarina, a súa filla e irmá, dos protagonistas que encargaron as tarefas de produción, que narra o percorrido que os tres iniciaron en Addis Abeba e culminaron nas fontes do Nilo despois de percorrer máis de 3.800 quilómetros nun todoterreo en plena época de choivas.
Deste xeito, Ovidio Fernández pretende amosar outra cara de Etiopía unha sociedade que descoñece a realidade desta zona de África, da que proceden máis de 700 nenos e nenas adoptados durante a última década por familias galegas. O título do documental recupera o nome co que os portugueses bautizaran este país hai 450 anos co obxectivo de rachar con estereotipos e prexuízos anacrónicos a través dunha historia que se desenvolve a modo de viaxe iniciática.
A narración comeza cando Abdul, de 15 anos de idade, decide viaxar á súa terra tras catro anos vivindo en Galicia. O seu pai dálle entón o libro Historia de Etiopía, escrito en portugués en 1620 polo xesuíta español Pedro Paez, que o rapaz empregará como guía para un percorrido durante o que intentará seguir os pasos do autor. Así, na localidade de Gorgora e tras unha laboriosa busca descobren a única icona de Pedro Páez da que se ten constancia en Etiopía. A historia culmina cando Abdul chega ás fontes do Nilo, que o misioneiro español descubrira para o mundo 400 anos antes. O simbólico bautismo nesas augas, onde se mesturan lenda e realidade, serve de metáfora para o reencontro do rapaz coas súas orixes. O proxecto foi presentado en Santiago, no marco do Salón Teatro, a semana pasada.
De voces Ceibes a Milladoiro
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) foi o espazo escollido para a presentación do documental De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega . Un proxecto que pretende facer un precorrido pola música galega da década dos setenta e que toma como referencia o libro homónimo de Antón Seoane. O proxecto está corpoducido por Casa de Tolos e R, operador de televisión que emitirá este documental. O traballo pretende ser un percorrido musical dun tempo no que pasan artistas e agrupacións tan senlleiras como Rodrigo Romaní, Pilocha, Antón Seoane, Faíscas do Xiabre, Laura Quintillán, Xose A. Méndez, Miro Casabella, Quintas Canella, Bibiano, Carlos Villanueva, Xabier Garrote, Nonito Pereira, Quico de Cariño, Xosé González Martínez Pepiño de Redondela, Perfecto Conde Muruais, Quico Paz Antón, Xerardo Rodríguez, Vicente Araguas, Carlos Meixome, Xurxo Lobato, Antón Corral, etc. O proxecto ten ademais un aliciente engadido.
Cara a cara coa vida
Cara a Cara coa Vida é o primeiro documental de Alba Casas, coproducido por Aira Studio, sobre a vida de Ana, unha nena de Valdoviño (Ferrol) con problemas de saúde. Unha historia de superación que foi presentada onte no Auditorio Municipal de Ourense. O público xeral puido gozar, ademais deste impecable traballo, dun coloquio no que a propia produtora, Casas, o coprodutor e cómico ourensán Víctor Grande, e a protagonista e a súa nai, Montse, compartiron as súas experiencias con este.
O documental naceu inicialmente, explica Alba, como unha proposta para a asignatura de Proxecto Integrado. Alba coñeceu á protagonista, Ana, hai dez anos, e foi seguindo a súa evolución e as súas dificultades.
O que nun primeiro momento pensou que podía ser só un bo traballo de clase rematou convertido nun documental profesional, animada polo seu profesor, e foi collendo forma e implicando desinteresadamente a numerosos profesionais que fixeron posible a súa realización, entre eles, o director Gutier Rolán, Víctor Grande no audio, ou artistas como Isabel Blanco, Martes y Trece, Isabel Risco, Carlos Iglesias, Marta Etura ou Los Morancos, na súa promoción.
Por unha banda foi documentándose e gravando á nena, e por outro buscando colaboracións altruístas que puideran cobrir todos os procesos da produción. Co paso do tempo, foron aparecendo produtoras que colaboraron, como AiraPro, Mandeo Records, A Escola da Rúa, e chegou a cruzar o charco, ata Latinoamérica, conta a creadora, grazas ás numerosas asociacións que colaboran promocionando en toda España. O único interese deste documental, confesa Alba, é que sexa unha chispa de ánimo para todas as persoas con problemas de saúde, para que vexan que todo ou case todo se pode superar.