Quiosco: Grial 198

A crise centra a nova entrega da publicación de Galaxia

A Editorial Galaxia centra na crise económica a última entrega de Grial,que xa está á venda. Josep Ramoneda, Antonio Torrero Mañas, Antón Costas, Xosé Carlos Arias, José Francisco Teixeira e Ramón Villares achegan cadansúa visión sobre este fenómeno nun monográfico coordenado por Xosé Carlos Arias. Henrique Monteagudo, pola súa banda, presenta nesta publicación unha escolma de textos do cancioneiro do século XV En cadea sen prijon, recentemente descuberto. A problemática dos incendios, a relación dos xenes co ambiente son algúns dos contidos que completan o número.