Son uns premios modestos que naceron co obxectivo de promover aos creadores novos. Toman o seu nome do coñecido e popular compositor de bandas sonoras, Jerry Goldsmisth, autor de bandas sonoras como O planeta dos Simios, Chinatown, Alien ou La profecÃa entre moitos outros. Con compositores chegados de todo o mundo, este ano hai no palmarés deste certame un compostelán, o pianista e compositor Nico Casal que recibe o premio na categorÃa de VÃdeo Promocional. A música composta para dar a coñecer o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o MAC (antes coñecido como Macuf) deulle este galardón. Os premios concedéronse nunha gala celebrada en Córdoba a semana pasada.