Nico Casal recibe un premio pola música dun vídeo promocional sobre o MAC

Os Jerry Goldsmith premian as composicións musicais en oito categorías

10/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Son uns premios modestos que naceron co obxectivo de promover aos creadores novos. Toman o seu nome do coñecido e popular compositor de bandas sonoras, Jerry Goldsmisth, autor de bandas sonoras como O planeta dos Simios, Chinatown, Alien ou La profecía entre moitos outros. Con compositores chegados de todo o mundo, este ano hai no palmarés deste certame un compostelán, o pianista e compositor Nico Casal que recibe o premio na categoría de Vídeo Promocional. A música composta para dar a coñecer o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o MAC (antes coñecido como Macuf) deulle este galardón. Os premios concedéronse nunha gala celebrada en Córdoba a semana pasada.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fenosa, Macuf, Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, Córdoba