Agadic converte en bienais os seus premios para textos teatrais

O Álvaro Cunqueiro e o Barriga Verde convocaranse este ano e fallaranse en 2014

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:

Os premios de textos teatrais Álvaro Cunqueiro e Barriga Verde, para adultos e monicreques respectivamente, pasarán a ser bianuais. Así o asegura hoxe La Voz de Galicia que cita fontes de Agadic. Os premios convocaranse este ano 2013 pero fallaranse no 2014, unha maneira de alternar co outro galardón para textos teatrais como é o Rafael Dieste, que convoc a deputación da Coruña. Os premios estaban orzamentados en 6.000 euros máis a “posibilidade” de que foran publicados. Segundo este mesmo medio, aproveitarase a eliminación dunha convocatoria anual para editar os textos.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, La Voz de Galicia, Deputación da Coruña...