Unha empresa coruñesa adapta contidos culturais para a rede

Dedícase á produción e distribución de contidos en plataformas en liña

Encárganse de darlle forma dixital e subila á rede. Son Dubidá e teñen no seu catálogo desde o libro de Moncho Borrajo Desde a outra beira, as novas tolemaxias do Mago Teto, ou a gravación dos directos de Xacobe Martínez Antelo, Fran Pérez e numerosas orquestras do país. Entre os seus cometidos, encárganse da música, vídeo, libro electrónico e usan distribución dixital a través de 100 plataformas e tendas (iTunes, eMusic, Spotify, MoviStar, Nokia, Amazon, Youtube, Dailymotion…).

Ligazóns