A traxectoria do VÃa Stellae está chea de cambios e de mudanzas que pasaron por diferentes orzamentos e distintos organizadores. Este encontro, que chegou a supor unha programación de 1.5 millóns de euros, foi organizado polo Xacobeo en colaboración con outras entidades, é asumido agora na súa totalidade polo concello de Santiago. Con todo, o encontro mantense fiel no que atende ás liñas de programación, co barroco e Santiago de Compostela como eixe central. Nesta ocasión, serán dúas semanas de concertos (de balde e de pagamento) que arrincan o vindeiro 5 de xullo.
O conxunto italiano Il Suonar Parlante, a soprano coreana Sunhae Im, acompañada polo grupo catalán Vespres dÂ’ArnadÃ; a soprano arxentina MarÃa Cristina Kiehr, dunha das mestras e especialistas do canto e do barroco ou o italiano Vittorio Ghielmi son algúns dos nomes destacados nesta ocasión. Ademais, como non poderÃa ser doutra maneira en tempos de crise, o festival colabora co FIP, Festival Internacional de Percusión que traerá outras visións e outras músicas e tamén varios proxectos de danza.