Así soará Galicia en Lorient

Malia estar dedicado a Asturias, o festival bretón terá unha das maiores presenzas galegas dos últimos anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O gaiteiro Anxo Lorenzo. Foto: web oficial

O gaiteiro Anxo Lorenzo. Foto: web oficial

O Festival Intercéltico de Lorient é o principal causante de que Galicia sexa máis coñecida na Bretaña que no resto de Francia. Este ano, coincidindo coa elección de Asturias como país convidado, producirase o maior desembarco galego. Oito solistas e grupos de música tradicional que achegarán unha visión do folk e música tradicional galega para o mundo. Escoita no interior da noticia como soará Galicia en Lorient.

Esta é unha escolma de temas de seis solistas e bandas que participarán en Lorient. Canda estes seis músicos, en Lorient participarán tamén o gaiteiro Edelmiro Fernández e o grupo de gaita, acordeón e percusión Taghaitai.

1. Asociación cultural Traspés (Vigo)

Grupo de música tradicional. Intervención en Luar.

2. Anxo Lorenzo

O gaiteiro moañés, ben coñecido polo público bretón, presentará o seu novo disco O'Con. Aquí podes escoitalo en Suite de Reels

3. Banda de gaitas de Forcarei

Aquí podes escoitar un tradicional pasacorredoiras desta emblemática banda.

4. Linho do Cuco

Videoclip do seu tema "Winner horse".

5. Pablo Seoane

6. Rodrigo Romaní

O harpista interpreta "Mi morena".

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asturias, Folk, Bretaña, Francia...