Con fondos europeos e co apoio do Concello do Tomiño a asociación Gaiteiros da Xistra leva xa uns anos a traballar para coñecer e difundir as treboadas. Esta forma musical, distribuÃda nas dúas bandas do Miño e orixinaria cando menos da Idade Media, conta agora cun libro-DVD e cunha consideración renovada mercé a esta iniciativa.
A nivel musical o termo treboada aplÃcase a dous conceptos, segundo sinala Xerardo F. Santomé, principal investigador desta iniciativa. “Por unha banda está a treboada como formación, e pola outra a estrutrua melódica chamada treboada”. En canto á formación de músicos, aÃnda que admite variantes na súa composición, “a caracterÃstica principal era ter a percusión como instrumento principal, sobre todo os bombos de grandes dimensións”. Por se fose pouco esta duplicidade de sentidos, a estrutura desta formación mudou co tempo. “Hoxe enténdese como treboada unha formación que inclúe gaita, caixa e alomenos dous bombos, e a partir de aà diferentes combinacións. Pero antigamente o nome aplicábase a calquera formación con gaiteiro. HabÃa treboadas que eran auténticas murgas e que algunha, como ao Setecricas levaba só gaita, bombo e tambor”.
Investigación e socios
A investigación comezou nos anos 80 da man da asociación folclórica Gaiteiros da Xistra e do grupo vencellado á mesma, Xistra de Coruxo. Segundo explica Santomé, “en todos os discos metemos unha treboada”. Para conseguir o apoio da UE para esta iniciativa, a asociación asociouse con localidades de RomanÃa e de Alemaña para conformar un proxecto titulado Profesións moribundas, culturas vivintes. Dentro disto, a parte correspondente a Xistra centrouse na Treboada. Ademais presentou unha actividade sobre gaitas a nivel europeo, un encontro no que reuniron 12 exemplos deste instrumentos de diferentes lugares . O proxecto foi seleccionado entre máis de 380 iniciativas cunha puntuación de 87 sobre 100 puntos.
Cultura transmiñota
A presenza desta formación é común ás dúas bandas do Miño. “Xa no século XV hai referencias a procesións con bombos grandes na parte de Viana. Debemos pensar que este bombo tivo un desenvolvemento histórico do bombo de gaiteiro que coñecemos, que é máis pequeno e que seguramente vén de finais do século XVIII coa introdución de bandas militares e de música civil. Posiblemente acabase integrándose coas gaitas. No entanto este xeograficamente é independente e pensamos que é por isto que mantén moitas das caracterÃsticas das súas orixes”. A documentación non chega máis aló do século XV, aÃnda que facilmente esteamos a falar dun instrumento anterior. “A treboada como tal é do Tomiño, da outra banda están os Zês Pereiras, que teñen unha estrutura similar. A orixe é común, diferéncianse unicamente no xeito de tocar e nos instrumentos melódicos que os acompañan. Alà por exemplo mudaron a gaita de foles polas concertinas, e mesmo hai grupos que só levan percusións, dalgún xeito entraron no modo de espectáculo antes ca nós”.
Un xeito propio de tocar
Ademais da forma, o bombo caracterÃstico da treboada é particular tamén polo xeito de se tocar. “Na treboada é básico tocar coas dúas mans, unha cada lado do bombo”. Batedeira e berdueira, de bordón, son os nomes que se lles daban en Portugal ás peles de cada banda, mentres desta banda do miño os nomes se lles aplican as mazas que se empregan para bater. “A batedeira emprégase coa dereita e bátese do xeito normal. Ten unha bola moi grosa, de rolla e forrada coa pel do escroto do castrón. A berdueira tócase do contrario, co mazo cara a parte de abaixo da man, é mais longa e toda de madeira”. Malia á constancia de que o instrumento xa existÃa cando menos na Idade Media, non está claro como se tocaba por entón. “Hai ilustracións e cadros do século XVII que amosan estas estruturas con timbais e bombos, pero non permiten ver se empregaban as dúas mazas porque só amosan o bombo dun lado”.
Repertorio en transformación
En canto á música que se tocaba nestas formacións, “na antiga tocábase calquera tipo, habÃa moitas danzas gremiais. Nós analizamos un repertorio que obtivemos fundamentalmente de Pepe o Cesteiro, gaiteiro de treboadas. El dÃxonos que o aprendeu por dúas bandas. Primeiro dun xeito antigo polo seu mestre O Lelo, con pezas que teñen máis melodÃas de marcha procesional e de mazurca adaptadas ao tempo de treboada. E logo outras pezas que foi facendo el nas que integrou pezas de rumba ou similares, mesmo cancións aprendidas da radio como Mi limón mi limonero. Estas formacións galeguizaron un repertorio que non era noso”.
Maneiras de treboar
Entre os anos 40 e os 80 as Treboada actuaban de xeito profesional nas festas da zona. “A xente integraba murgas e ofertaban a opción de ir coa agrupación ou cos bombos”, explica Santomé. Foi a partir dos anos 80 que as treboadas pasaron a se integrar no repertorio dos grupos folclóricos locais, que as manteñen con vida en Tomiño. Segundo as cifras de Santomé, “hai preto de cen treboeiros” repartidos en catro agrupacións que o repertorio. “Case todos tocan as melodÃas máis populares, tamén hainos que integran outro tipo de instrumentacións e de comportamentos, entón hai quen fai un pouco un desfile de majorettes, facendo espectáculo xa un pouco como grupos folclóricos”.
Retransmitir a tradición
As mudanzas na maneira en que se abordaron as treboadas provocou certas eivas na transmisión destas formas musicais. “Na presentación do libro eu fixen un grupo de vinte treboeiros e ensaiamos para tocar ao xeito antigo, e os máis novos vimos que descoñecÃan totalmente o xeito de tocar a caixa, sobre todo os tempos, que agora aceléranos moito. O bo é que o herdaron dun xeito natural, tal e como viron tocar, pero nos anos 90 houbo un certo corte ao se integrar isto como expresión folclórica, e iso deixouse notar”. Precisamente a raÃz deste proxecto “os rapaces que fan parte das treboadas ao traballar con nós para facer o libro, coñeceron a Pepe o Cesteiro. Moitos interesáronse e falaron con estes veteráns para aprender deles”.
As fases pendentes
Na actualidade completáronse as fases primeira e segunda desta iniciativa, consistentes na recollida de campo, a reconstrución dos instrumentos e a edición dun libro –DVD que compila o material recollido ata o momento, incluÃndo imaxes, planos da gaita de barquÃn, partituras ou vÃdeos. A partir deste momento, “estamos a traballar nunha unidade didáctica sobre as treboadas”. De cara ao futuro “temos pendente a perpetuación desta formación, traballando o nomenclátor de rúas ou facendo un monumento ao bombo. Tamén queremos traballar o aspecto lúdico cun encontro centrado na percusión, relacionando as treboadas con outras manifestacións similares”. Está tamén pendente integrar un espazo no Concello do Tomiño no que se poidan ver diferentes instrumentos e acceder a toda a información recollida no marco desta iniciativa. “Hai algunhas cousas que estamos a agardar para as desenvolver para poder facelas ben”.