O IES RosalÃa de Castro de Santiago acollÃa esta mañá o fallo dos xurados do XIX Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, que escollen alumnos de diferentes institutos do paÃs. En lingua galega impúxose nesta edición Os fillos do mar de Pedro Feijóo, que foi seleccionada por nove votos de dez e da que o xurado valorou a súa sinxeleza, capacidade de manter a atención do lector e o seu ton humorÃstico. Pola súa banda, El tango de la guardia vieja, de Arturo Pérez-Reverte foi escollida como mellor obra en castelán, e o xurado destacou a ambientación histórica, a calidade narrativa e os personaxes complexos da novela.
Finalmente, en autores estranxeiros impúxose Liquidación final de Petros Markaris, na que o xurado valorou a súa crÃtica polÃtica e capacidade de tratar con sinxeleza temas complexos.
Nesta edición o xurado estivo composto por alumnos de segundo de bacharelato dos Institutos de Ensino Secundario da Pobra do Caramiñal, San Paio de Tui, Manuel Chamoso do Carballiño, as Mercedes de Lugo e RosalÃa de Castro de Santiago. A entrega do galardón, pendente de coordinar as axendas dos premiados, está prevista para o último trimestre deste ano ou o primeiro de 2014.