Antón Lopo reflexiona sobre a súa estadía Essaouira no seu último proxecto

Está na Zona C ata o vindeiro 20 de xuño

Desde que se deu a coñecer co poemario Sucios e desexados (1988), a carreira de Antón Lopo discurreu sempre entre a oralidade e a poesía textual, a videocreación e a poesía conceptual, pasando pola performance ou a lírica salvaxe. Agora, Lopo regresa para presentar Lampíricos,un proxecto performativo no que presenta un discurso que reflexiona sobre unha longa estadía en Essaouira (Marrakech), un dos brazos fortes do sufismo marroquí. Esa experiencia, máis as súas reflexións posteriores fan parte deste proxecto que se pode ver na zona C de Compostela ata o vindeiro 30 de xuño.

Neste proxecto Antón Lopo non estará só. Canda el participan unha ducia de creadores que contribuíron a crear a atmosfera performativa precisa para este proxecto. Os seus nomes son: David Granha na música, Manolo Martínez no deseño gráfico, Tono Arias na fotografía, Pixi Arnoso e Xoán Villar no labor videográfico, María Salvado na iluminación, Eloy Corgo na coreografía, o músico Davide Salgado, Carlos Neira, Miguel Ángel Arce, Pumpún Dixital, Xosé Luís Salgado López, Mauricio González, Carmen Breixo, Soedade Noia e Luísa Iglesias.