Preséntase o 29 Festival de Ortigueira

Gwendal, Os Cempés, Guidewires e Dán encabezan o cartel da nova edición do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Preséntase o 29 Festival de Ortigueira

Entre o 11 e o 14 de xullo a vila de Ortigueira acollerá o seu mundialmente coñecido festival, que celebra este ano a súa 29 edición. A organización daba a coñecer onte o programa desta xeira, que terá os bretóns Gwendal como principais estrelas. Canda a eles, Os Cempés, Guidewires e Dán son algúns dos grupos dun cartel que inclúe tamén a Bagad Glazik Kemper, Banda Crebinsky, Riobó ou Kan. No marco do Proxecto Runas para grupos que están a comezar a súa carreira, poderán verse a Guezos (Galicia), ]olk on Crest (Castela León), Boc (Illas Baleares) e Ruaille Buaille (País Vasco).

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Ortigueira, Castela, León, País Vasco...