Todo comezou en Internet. Os fillos de emigrantes descubriron que no Congreso dos Deputados en Madrid se estaba a debater unha lei de memoria histórica e comezaron a moverse. “Solicitaron entrevistas con polÃticos, deputadosÂ… movéronse ata tal punto que conseguiron modificar o texto” explica Antonio Izquierdo. Este sociólogo, responsable do Equipo de SocioloxÃa de Migracións Internacionais (ESOMI) leva desde 2008 analizando desde un punto de vista sociolóxico as repercusións dun texto que levantou tantas bochas.
“En España enfocouse exclusivamente polo tema do interese lexÃtimo do levantamento da foxas comúns, pero é só unha dimensión pequena do que é a lei” explica Ramón Villares, historiador e presidente do Consello da Cultura Galega. Precisamente a institución que hoxe abre un seminario para entender as razóns sociolóxicas, históricas, económicas e polÃticas deste texto.
A lectura do texto obrigoulle a fixar os ollos na Disposición Adicional 7º da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplÃan dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a ditadura. A chamada lei de memoria histórica.
O durante dunha lei
O texto foi moi debatido no Congreso e no Senado, con grande repercusión mediática. Entre todo o articulado, nesa disposición adicional establecÃase un perÃodo de tres anos, entre 2008 e 2011, para solicitar a nacionalidade de orixe. Pero para este sociólogo a dimensión verdadeiramente importante foi a mobilización en Internet e nas redes sociais da colectividade da emigración para influir no texto. “Inicialmente só se recoñecerÃa a nacionalidade aos fillos dos exiliados pero ante a presión social, o goberno de Zapatero tivo que dar marcha atrás e abrir tamén ao cupo de emigrantes”. E non foi menor, porque se nos atendemos ás cifras, só o 7% desas solicitudes cursadas se tramitaron como descendentes de exiliados. Os requisitos e criterios para xustificar a petición tamén eran diferentes. “De feito, moitos fillos de exiliados desistiron de solicitar a nacionalidade por esta vÃa polo farragosos que eran os trámites” aclara Izquierdo.
Por outra banda, tamén foi unha cuestión numérica. “As estimacións iniciais do goberno eran de millón e medio de solicitudes pero só contabilizaron 530.000, das que máis da metade son galegas” asegura Izquierdo. Con todo, afirma saber que nas embaixadas aÃnda hai caixas de solicitudes que non se chegaron a tramitar nunca porque co cambio de goberno diminiuiron o número de efectivos destinados a este fin e venceu o prazo fixado na lei. Para que nos fagamos unha idea da repercusión que tivo a decisión, nun ano de grandes solicitudes se conceden 60.000 cidadanÃas, moi lonxe do medio millóns que se outorgaron por esta vÃa.
En canto a forma, para Izquierdo “o normal terÃa sido facelo mediante unha reforma do Código Civil e non cunha disposición adicional, pero optaron por facelo desa maneira”. Posiblemente, Francisco Caamaño catedrático de Dereito Constitucional que foi ministro de Xustiza durante a aprobación da Lei aclare estes e outro pomernores do proceso de xestación da lei.
Na primeira fase de análise das consecuencias desa lei polo grupo de investigación ESOMI da Coruña teñen identificado o pais de orixe deses documentos. O 44% foi Cuba, seguido de Arxentina, México, Venezuela e Brasil. Sobre esa fase cualitativa realizarase un enquérito do que levan 900 entrevistas. Réstanlle aÃnda 500 pero farán un bosquexo de resultados das motivacións que levaron a eses cidadáns a solicitar a cidadanÃa.
Os outros efectos
Son consecuencias que van moito máis alá do académico, que teñen implicación sociais e identitarias moito máis profundas apuntaba Ramón Villares na presentación das xornadas. Dunha banda de carácter polÃtico. Por ese motivo, no seminario está presente Aurelio Miras Portugal, director xeral de Migracións que falará das institución e asociacións dos españois no mundo e que servirá para dar conta da perspectiva da administración actual. Pero tamén Carmiña Escrigas, da Oficina de Asilo e Refuxio de España que falará da recepción e acollida de asilados polÃticos na España democrática. Para Antonio Izquierdo as implicacións sociais deste proxecto son moi amplas porque estes novos cidadáns convértense en “embaixadores sociais que xera unha controversia coa nacionalidade múltiple e que ten repercusións na polÃtica exterior, nas identidadesÂ….”.