Manuel Olveira é o novo director do Museo de Arte Contemporánea de Castela e León

Substitúe a Eva González-Sancho, quen dimitiu logo de tres meses no cargo

12/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Foi director de Hangar (2001-2005), do Centro Galego de Arte Contemporánea (2005-2009), do Ágora (2010-2011) e agora chega a un dos centros de referencia do Estado: o Museo de Arte Contemporánea de Castela e León (MUSAC). Manuel Olveira (A Coruña, 1964) asegura nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia que asume o reto motivado polos puntos fortes dun centro como son “un equipo formado e motivado, un orzamento (aínda que recortado) suficiente, unha colección con moito potencial, unha traxectoria expositiva interesante”. Olveira tratará de imprimir ao centro unha das características definitorias do seu traballo, que son os proxectos colaborativos e unha atención ao aspecto social das prácticas artísticas.

Olveira é o cuarto director do MUSAC nos seus dez anos de traxectoria e chega despois de que González-Sancho denunciara “falta de autonomía artística e administrativa” por parte da Fundación Siglo, que xestiona o MUSAC e depende da Consellaría. Denuncia que a conselleira rexeitou e sitou nun contexo de contención do gasto.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Olveira, Castela e León, Castela, León...