En colaboración coa asociación Xermolos, a Real Academia organiza hoxe os actos en conmemoración do centenario de Xosé MarÃa DÃaz Castro. O evento, que contará coa presenza de Xesús Alonso Montero, presidente da entidade, lembra a importancia do poeta para o que distintas voces reclaman o DÃa das Letras. Precisamente, co prazo aberto para presentar candidaturas para esta celebración, La Voz de Galicia recolle que a nova directiva da entidade prevé empregar "criterios máis rigorosos" no proceso de selección.
Segundo sinala Henrique Monteagudo, secretario da RAG, a mudanza consiste nunha aplicación máis estrita do regulamento da entidade, polo que as propostas terán que ir por escrito e asinadas por tres membros. Con este sistema agárdase reducir o número de propostas cada ano e facilitar a elección. O prazo de candidaturas remata este xoves e o resultado farase público o vindeiro 1 de xuño.