Un terceiro premio aos libros mellor editados na categorÃa de Obras Generales y de Divulgación. Este é o recoñecemento que o Ministerio de Educación e Cultura lle outorgou á editorial Kalandraka en recoñecemento ao seu traballo coa obra Ocultos. O traballo conta con texto de Xulio Gutiérrez e ilustracións de Nicolás Fernández. Esta é a única presenza galega nunha listaxe na que o xurado valorou un total de 196 obras en cinco categorÃas.