Se en 2010 se destinaron 300.000 euros para a tradución de obras desde e para o galego, en 2012 a partida baixou ata os 168.000. Agora, cando toca unha nova convocatoria bianual, invÃrtese a tendencia e a cifra sobe ata os 200.000 (a repartir 90.000 para o ano 2013 e 110.000 para o 2014). Hoxe sae publicada no DOG a convocatoria desta liña de axudas da COnsellarÃa de Cultura e Educación que fixa, entre outras cousas, que a tradución desde outras linguas para o galego aglutinará o 60 % do orzamento total, e o 40% do galego para outras linguas. Exclúense as obras que non acaden unha puntuación do 50% do máximo total e fÃxanse 20 euros por páxina. O prazo para solicitar a subvención está aberto ata o 7 de xullo.