A pasada semana a UNESCO recoñecía como Reserva da Biosfera o territorio de 18 concellos agrupados na candidatura Mariñas-Terras do Mandeo. Este é o sexto espazo galego que acada este recoñecemento, un título co que conta case unha cuarta parte do territorio do país. Analizamos os valores e as oportunidades destas declaracións.
A declaración de Reserva da Biosfera non supón unha protección específica dun territorio, mais ben é o recoñecemento dun xeito de se relacionar con el. Así, o título ten en conta a actividade humana na zona en cuestión e valora de xeito específico a sustentabilidade das iniciativas que se desenvolvan no mesmo. Deste xeito, non se trata apenas de que existan espazos protexidos que faciliten a conservación e desenvolvemento de especies animais e vexetais senón que tamén cómpren xeitos de traballar e de se relacionar que non destrúan o contorno. Segundo explica Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), A UNESCO ten na súa base tres aspectos básicos: a educación, a conservación cultural e mais o coidado do medio. E os tres están sempre presentes en calquera Reserva da Biosfera. Nese sentido, a cultura tanto material como inmaterial é fundamental. As tradicións e os usos consuetudinarios destes territorios teñen moita importancia. As reservas precisan xente, ten que haber poboación e actividade, non se poden declarar nun deserto.
Coordinar espazos
Obviamente, o recoñecemento ten en conta a importancia natural das áreas que acadan esta declaración. É dicir, todas as zonas que son reserva da biosfera contan una importante porcentaxe de espazos protexidos baixo diversas figuras, desde parques naturais ata zonas de especial protección para aves ou áreas da Rede Natura 2000. A estes, a Reserva non engade protección ninguna, pero esíxelle a cada candidatura unha ordenación e coordinación destes espazos naturais. En concreto, todo o territorio incluído nunha Reserva está integrado nunha categoría en relación a estes. Así existen zonas núcleo, que contan con figuras de protección. Logo están as zonas tampón, que teñen importancia como corredores ecolóxicos que permiten o desprazamento e expansión das especies animais e vexetais e que ademais actúan como amortecedoras do impacto da actividade humana sobre as núcleo. E finalmente están as zonas de transición, nas que se concentra a maior parte das actividades socioeconómicas do territorio e onde, a priori, o impacto ecolóxico é maior. Segundo explica Ramil, esta declaración dálle entidade a unha serie de espazos soltos, e facilita tamén a súa promoción conxunta. De feito, é fundamental para obter o recoñecemento da UNESCO contar cun completo plan que garanta o desenvolvemento sustentables da áreas propostas.
Mapa das áreas da Reserva da Biosfera As Mariñas-Terras do Mandeo.
Un cuarto de Galicia
O feito de que unha cuarta parte da superficie do noso país (o 24,4%) conte con esta distinción resulta sorprendente. Galicia conta cunha serie de valores desde climáticos a históricos ou biolóxicos que son resaltables. Ademais, determinan unha paisaxe e un xeito de relación co territorio que facilita que se desenvolvan determinados proxectos deste tipo, lembra Ramil. Canda aos condicionantes ambientais tamén o histórico carácter agrario do país influíu a favor dun maior coidado de determinados recursos. Conservamos un xeito de nos relacionar e explotar o medio que non se mantivo noutras partes de Europa. Iso son uns valores culturais que a UNESCO recoñece e que favorecen a biodiversidade. A Área de Allariz, o Gerês-Xurés (transfronteiriza), a reserva de Río Eo, Oscos e Terras de Burón (compartida con Asturias), Terras do Miño, Ancares Lucenses e, agora, As Mariñas-Terras do Mandeo, compoñen o mosaico de espazos que ata o momento o organismo internacional considera un exemplo de valores e xestión sustentable. Se xa pode semellar que contamos con moitas reservas en Galicia, Ramil advirte que é posible que se incrementen. Podería haber máis. Pero os criterios para a selección son cada vez máis esixentes. A isto súmase o proxecto dunha Grande Reserva Cantábrica que funcionaría como un grande corredor ecolóxico desde Fisterra ata os Pireneos que integraría unha boa parte, se non todas, das xa existentes.
Variedade ecolóxica e de proxectos
Dentro dos espazos deste tipo que existen en Galicia, hai unha ampla diversidade de territorios. Teñen características moi diferentes. A do Mandeo e mais a da Ría de Ribadeo inclúen zonas de mar, mentres que outras son interiores. Así, desde as chairas que fan parte de Terras de Miño ás montañas dos Ancares ou do Xurés ou a área de Allariz, paisaxes do máis variado contan con este recoñecemento. As diferenzas chegan tamén á planificación e xestión dos espazos. Algunhas están xestionadas pola Xunta como a do Xurés, outras dependen das Deputacións caso das de Lugo e esta última parte dun conxunto de entidades e colectivos integrados nun grupo de acción local, en concreto a Asociación para o Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Do mesmo xeito, por mor da evolución dos criterios da UNESCO as primeiras que foron declaradas tivéronno máis sinxelos, as últimas atopáronse con máis esixencias á hora de planificar a xestión e o desenvolvemento dos territorios integrados. Do mesmo xeito, os distintos xeitos de aproveitar o recoñecemento tamén marca diferenzas. Houbo lugares onde foi unha fonte de ingresos e permitiu optar a novos proxectos en convocatorias estatais e internacionais. Noutros, pola contra, quedou como un galardón e non se aproveitou, lembran desde IBADER.
Posibilidades
Encol das posibilidades que o recoñecemento da UNESCO abre para estes espazos, Ramil apunta que en primeiro lugar, o título actúa como unha certificación da calidade do territorio. A partir de aí, pódese empregar ese título como un elemento positivo na promoción de actividades respectuosas co medio, da cultura ou propostas de lecer e turismo, para alén das xa comentadas facilidades á hora de optar a axudas e programas de desenvolvemento internacionais. Nalgúns lugares algo que se fixo moi ben foi promover productos tradicionais baixo esta marca como unha calidade de orixe, embra Ramil.
As Mariñas
No caso da última reserva declarada, a das Mariñas, Jorge Blanco, xerente do Grupo de Desenvolvemento rural que a promoveu, sinala que a iniciativa xurdiu porque xa estabamos a desenvolver un Programa Leader, que parte dunhas condicións moi semellantes ás reservas, entón pensamos se podería abordar. Así, o recoñecemento da UNESCO contempla unha parte de eduación e de investigación dos territorios que non traballaramos tantos no Leader, así que enriquece tamén o outro proxecto. Dentro da Reserva os promotores destacan, por unha banda, a gradne variedade de terreos integrados, que percorren desde o curso alto do Mandeo ata a costa. Ao tempo, consideran que un dos puntos fortes da iniciativa é o ter comezado pola base. Aglutinamos intereses sectoriais de moitos colectivos, traballouse moito a participación e a discusión sobre o territorio, e pensamos que esta dinámica de implicar moita xente é un dos puntos fortes do proxecto. Ademais contamos cun plan estratéxico axustado á realidade con moitas iniciativas xa en marcha, non se trata dun canto ao sol, son propostas abarcables a dez anos vista.
A clave da implicación
Segundo recoñecen desde este grupo de desenvolvemento, a necesidade de elaborar un proxecto de xestión, incluíndo actividade económica, que chega ata o ano 2022 obrigou a pensar moi a fondo no futuro da zona e xerou unha dinámica novas entre as entidades participantes. As propostas vanse encardinando unhas con outras. Houbo que traballar sobre as augas, o saneamento, a recuperación dos bosques de ribeira, as posibilidades de empregar residuos forestais como fertilizante ou proxectos de promoción gastronómica vencellados á recuperación de variedades autóctonas. Iso xerou campos moi diversos que obrigan tamén a traballar en conxunto. Isto non é unha meta, é o punto de partida para continuar a traballar en diferentes proxectos integrando a perspectiva ambiental e ecolóxica e buscando a participación de poboación local, explica Blanco. Dentro das propostas máis inmediatas está o grande reto de conseguir que a xente que vive no rural vexa isto como unha oportunidade e se implique na reserva, que se decaten de que non implica ningunha lexislación que non exista xa e que pola contra achega a posibilidade dunha imaxe de marca e de se sentir parte dun proxecto colectivo.
Cultura na reserva
A incidir nos aspectos culturais do territorio, a Reserva das Mariñas contempla na súa descrición un repaso polo miúdo de monumentos, restos arqueolóxicos e Camiños de Santiago localizados no territorio. Ademais, no plan de acción prevense desenvolver iniciativas de documentación, recuperación e restauración de elementos como cerres vexetais, sebes, camiños tradicionais , hórreos ou cruceiros. Tamén se prevén accións de posta en valor das culturas mariñeiras e agraria, as festas ou o coñecemento tradicional sobre o medio. En conxunto, o plan de acción para a zona prevé un orzamento de cinco millóns de euros nos vindeiros nove anos, para facer da área un exemplo do que pode ser unha xestión sustentable do territorio.
Díptico da Reserva da Biosfera As Mariñas-Terras do Mandeo.A declaración de Reserva da Biosfera non supón unha protección específica dun territorio, mais ben é o recoñecemento dun xeito de se relacionar con el. Así, o título ten en conta a actividade humana na zona en cuestión e valora de xeito específico a sustentabilidade das iniciativas que se desenvolvan no mesmo. Deste xeito, non se trata apenas de que existan espazos protexidos que faciliten a conservación e desenvolvemento de especies animais e vexetais senón que tamén cómpren xeitos de traballar e de se relacionar que non destrúan o contorno. Segundo explica Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), A UNESCO ten na súa base tres aspectos básicos: a educación, a conservación cultural e mais o coidado do medio. E os tres están sempre presentes en calquera Reserva da Biosfera. Nese sentido, a cultura tanto material como inmaterial é fundamental. As tradicións e os usos consuetudinarios destes territorios teñen moita importancia. As reservas precisan xente, ten que haber poboación e actividade, non se poden declarar nun deserto.