O MexilOnse Tuits entrega os seus galardóns

Rías Baixas Style e Saboresdeourense foron dous dos gañadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O Festival de Social Media de Galicia, MexilOnse Tuits, daba a coñecer onte os galardóns da súa segunda edición. #saboresdeourense levou o premio á mellor campaña en canais sociais, mentres a firma Elogia fíxose co galardón á mellor axencia. O videoclip Rías Baixas Style apañou o de mellor vídeo viral, mentres que o mellor blog informativo e cultural foi para Vigo Low Cost, con só un ano de vida. No campo dos blogs de moda impúxose Fashion Low Cost, o de blog turístico foi para Vivir Galicia, o tecnolóxico para Mallando no Android e o gastronómico para La cocina de lechuza. O equipo de O Tempo da TVG foi tamén recoñecido por "ofertar unha información achegada e anovadora".

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rías Baixas, Moda, TVG, Vigo...

Claves

Entidades