Artistas e creadores como Suso de Toro, Manuel Rivas, Pepe Barro, Roberto Somoza, Xurxo Souto, Anxo Angueira, Pepe Galán ou Mercedes Queixas chaman a se mobilizar este domingo a prol dos estaleiros Navantia, en Ferrol. Baixo o nome Radio Buguina, este colectivo propón á cidadanÃa realizar unha acción artÃstica reivindicativa consistente en pendurar da reixa do estaleiro monos de traballo e roupa de todo tipo para reclamar carga de traballo para esta empresa.
De xeito paralelo, este sábado celébrase na carballeira de Santa Mariña de Corcoesto a terceira edición de Enarborar o bosque. Esta romarÃa artÃstica amosará o traballo ao vivo de diferentes artistas plásticos, escénicos e musicais a denunciar o impacto da explotación mineira que quere pórse en marcha neste lugar. Carlos Botana, Cora Peña, César Morán, David Manteiga, Tonhito de Poi ou Ramiro Torres son algúns dos moitos que xa confirmaron a súa presenza. Os resultados destas intervencións poderán verse en futuras exposicións.
Manifesto Carga de dignidade.De xeito paralelo, este sábado celébrase na carballeira de Santa Mariña de Corcoesto a terceira edición de Enarborar o bosque. Esta romarÃa artÃstica amosará o traballo ao vivo de diferentes artistas plásticos, escénicos e musicais a denunciar o impacto da explotación mineira que quere pórse en marcha neste lugar. Carlos Botana, Cora Peña, César Morán, David Manteiga, Tonhito de Poi ou Ramiro Torres son algúns dos moitos que xa confirmaron a súa presenza. Os resultados destas intervencións poderán verse en futuras exposicións.