O ano cinematográfico comeza con Play Doc e remata con Cineuropa, no medio hai preto de dúas ducias de encontros, mostras, e festivais relacionadas con temática audiovisual. Este ano, no medio dos recortes, os seus organizadores proban novas fórmulas de supervivencia: uns se reiventan, outros nacen e mesmo outros desaparecen. Un medio vivo que comparte orientación entre actividade social, cultural e dar a coñecer a produción audiovisual recente.
Os festivais naceron para poñer o foco sobre as novidades audiovisuais. Unha ferramenta das producións estadounidenses que pronto atopou acubillo noutros modelos de negocio e noutras cinematografÃas. Os premios axudan tanto ao financiamento das producións audiovisuais como a un maior recoñecemento da súa actividade. A composición dos xurados, as actividades paralelas, as primicias, a contÃa dos seus premios, as estrelas convidadasÂ… asà como quen os organice marcan as diferencias entre a vintena de citas que hai espalladas polo calendario.
O papel público
A dÃa de hoxe non existe por parte da Administración ningunha liña de traballo pública por regular e unificar o calendario de festivais e encontros cinematográficos ou audiovisual que se organizan en Galicia ao longo do ano. Esta carencia apréciase, entre outros factores, na inexistencia dunha liña de axudas por concorrencia competitiva para estes encontros, como si existe para a música e os festivais de artes escénicas.
O apoio da administración (da local á estatal) é tan importante porque resulta vital para a organización destas citas. Por poñer un exemplo, esta edición de Cans, o apoio da administración supuxo o 70% do orzamento (ascendÃa a 90.000 euros); no caso de Play Doc a porcentaxe ascendÃa a un 80%. E noutros casos, como é do concello de Santiago, é a propia administración quen asume a organización de CurtocircuÃto e Play Doc para os que saca un concurso público para a súa organización e dirección artÃstica do encontro. Con todo, o caso de Santiago é unha excepción no panorama cultural porque conta alén dos dous certames audiovisuais de organización propia, conta con outros de iniciativa privada como son Amal e, o que se estrea esta fin de semana, o de Cine Camiño de Santiago.
A dÃa de hoxe, cada quen solicita por separado e de xeito individual unha achega con cargo a un proxecto audiovisual. Por poñer un exemplo, dos certames xa desenvoltos só Play Doc e Cans, con importes desiguais, recibiron axudas por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais. Máis non sempre foi asÃ.
En 2006, acabado de instaurarse o bipartito, houbo por parte da secretarÃa xeral de Comunicación un interese por regular o calendario de festivais. Daquelas, elaboráronse uns criterios de valoración que cuantificaba desde o historial do festival, é dicir, o número de edicións celebradas; a tipoloxÃa audiovisual, a incidencia na industria; o número de paÃses e producións participantes; a proxección, repercusión e recoñecemento a nivel internacional , asà como actividades paralelas. Daquela tamén se contemplaba a busca de novos valores e restantes circunstancias relevantes para o interese cinematográfico e cultural do festival.
Por outra parte, foi daquela cando desde a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual se apuntou tamén á necesidade de crear un calendario que visibilizase a oferta e a administración puidese coordinar as diferentes iniciativas. Pero foi papel mollado. Aquelas propostas quedaron en nada e desde 2009 desapareceron as liñas de axuda por concorrencia competitiva en Galicia. Mantéñense a nivel estatal, a onde tamén acuden varias asociacións e concellos para os seus certames, con todo o recorte de 76.000 a 15.000 euros que sufriron os festivais entre 2011 e 2012, fainos ser moi pouco optimistas de cara este ano 2013.
O calendario do 2013
Este ano 2013 a palabra clave é “reinventarse”. Cada quen no seu estilo, xeito e forma. Hai algunhas citas, como o festival Super8 da Coruña que, malia manterse fiel á súa liña de traballo sobre os novos valores da creación audiovisual contemporánea, estrea un novo formato. Este ano contará con paÃs convidado e ofrecerá máis proxeccións que nunca en diferentes espazos, para o que buscou novas vÃas de colaboración de patrocinadores privados. Outros, como o Animacam este ano estrearon versión fÃsica despois de varias edicións en dixital. Ambos os dous desenvolvéronse na Coruña.
A outros non lles queda máis remedio. O Festival de Cine de Ourense, dos máis antigos de Galicia e durante moito tempo un emblema representantivo do audiovisual galego ou feito aquÃ, atravesa un duro momento. En 2012 a Deputación de Ourense fixo efectiva a súa saÃda do Consorcio que organizaba o seu encontro e, coa súa disolución o certame está nunha posición complicada. Malia que fontes do concello de Ourense confirman a intención de que esta administración continúe en solitario coa cita, o certo é que estamos en maio e aÃnda están pechando cuestións administrativas e financeiras da disolución do consorcio. Outros, como CurtocircuÃto, xa se tiñan que ter celebrado nos últimos dÃas de abril. Este caso concreto mesmo chegou a abrir o prazo de recepción de traballos (a data tope de entrega rematou o pasado 10 de febreiro). Con todo, problemas financeiros adiaron esta celebración e desde o concello de Santiago confÃase en poder celebrar o certame mais adiante. Nesa mesma tesitura está Amal, o festival de cine de temática euroárabe que se desenvolve no mes de outubro en Compostela que, ante o recorte, anunciou a súa desaparición, aÃnda que si haberá unha mostra da mesma temática nas datas habituais.
E neste marco hai novidades. É o caso do Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago e xorde, segundo o seu programador MartÃn Cañedo para “dar a coñecero mellor do cinema estatal”. Achégase ao calendario en xuño porque, segundo recoñece, “habÃa un oco posible no calendario, chega xusto despois de Cans e do S8 pero non temos nada que ver, porque cubrimos outro oco de programación diferente”. Organizado por Zinnia Eventos cun orzamento que ronda os 100.000 euros e totalmente privado, chega desde un posicionamento diferente do doutros encontros posibles. O financiamento é 100% privado aÃnda que Cañedo recoñece que hai “cesión de espazos por parte da administración que tamén ten un valor económico”. Pretende trasladar ao sector audiovisual o modelo de financiamento dos eventos deportivos, feitos eminentemente con cartos privados pero ten un modelo claro como referente: o festival de cine de Málaga. “Salvando as distancias, a nosa intención é facer algo semellante de achegar aquà producións audiovisuais españolas nas que non se centra nin Cineuropa, que é máis de carácter internacional, nin o festival de Cine de Ourense”. De momento, a este certame quédalle o duro reto de presentarse ao público e conseguir apoios para manter o proxecto para o futuro.
De feito case é o máis difÃcil, na historia recente do audiovisual hai numerosos exemplos de xornadas e mostras de cine que caeron polo camiño. Mantéñense con 40 edicións, o Festival Liceo Casino de VilagarcÃa (hoxe gañou o subtÃtulo de Curtas Film Fest), o máis antigo de todos cantos hai en Galicia. Séguelle a Semana de Cine de Autor de Lugo con 35 edicións, as Xociviga con 29, Cineuropa con 26 e Ourense cumprirÃa 18 neste 2013. Cans acaba de cumprir os 10 anos, os mesmos que fará CurtocircuÃto no caso de celebrarse neste ano. Un máis que Play Doc e Redondela en Curto, seis cumpre FIC Bueu este verán e S8 só catro.