Logo de visitar Carballo a comezos deste mes, a Semana do Libro e da Lectura que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega visita Lugo. Da man da Deputación provincial, a proposta achega un programa centrado nos máis novos desde o dÃa 26 ata o vindeiro 1 de xuño. Obradoiros de banda deseñada e álbum ilustrado, contacontos, actuacións teatrais e musicais ou iniciativas de divulgación cientÃfica compoñen o programa.