O Ministerio convoca as axudas para a asistencia a festivais e certames de prestixio

Destina 500.000 euros a esta partida, o mesmo que en 2012

Se unha película calificada como española asiste ao Clermont Ferrand (Francia), Cannes (Francias) , Sundance (USA) ou calquera dos 29 eventos en calquera parte do mundo (de aquí e de fóra) considerados de prestixio, o Ministerio de Educación e Cultura concederalle unha achega para asistir. Hoxe sae a convocatoria relativa a 2013 con importe de 500.000 euros, de igual importe que en 2012. O prazo de presentación das solicitudes terá lugar ta cinco días naturais antes de que se celebre o certame en cuestión ou vinte días naturais a contar a partir de mañá no caso de que o festival xa se desenvolvera. En 2012, desta liña de axudas beneficiáronse catro produtoras galegas (Tic Tac con Polvo, Zircocine con Operación E, Milou con Todo é silencio e Perro Verde Films con Arrugas) que sumaron 18.620 euros.