No encrucillado desta fin de semana crúzanse as referencias mÃticas, como a lanza do Rei Artur, con outras máis mundanas como as festas nocturnas e algunhas conceptuais coma o desexo de conseguir algo. De conceptos en carne viva fala tamén Anxos Sumai na súa crónica semanal de capÃtulos diarios, "Anxos... de garda". Un percorrido desde a ollada desta escritora polas sete badaladas nas que conflúen o persoal e o colectivo, o intre no que se xuntan as experiencias Ãntimas coas universais e reflÃctense unhas coas outras deixando ver ángulos diferentes dos feitos como imaxes nun espello roto.