Man a man

Roi Vidal e Dolores Vilavedra conversan sobre as mulleres en Roberto Vidal Bolaño

16/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas 2013teatroartes escenicas
10 lecturas | Compartido 0 veces
Dunha banda está Roi Vidal, fillo de Roberto Vidal Bolaño, da outra Dolores Vilaveda, profesora da Universidade de Santiago e crítica teatral. No medio Bailadelas, unha montaxe que supón o regreso do Teatro Antroido e o pretexto para falar do universo feminino. Podes seguir parte da súa conversa no noso vídeo.
Hai máis dun ano, co horizonte temporal do décimo aniversario do pasamento de Roberto Vidal Bolaño, Roi Vidal e Laura Ponte comezaron a buscar un fío da obra do dramaturgo sobre o que retomar a traxectoria de Teatro Antroido. Ao pouco decidiron investigar ese aspecto concreto das mulleres. “Sobre todo porque era algo do que sempre se falaba en contra, como algo negativo, ou se falaba mal” explica Roi, onde había numerosos tópicos arredor deste tempa “un deles era que os seus textos estaban cheos de homes, cousa que aínda sendo certa, tiña matizacións. O outro era que as personaxes femininas só eran prostitutas”. Ante esa polémica, Laura Ponte fixo unha relectura da súa obra buscando escenas e momentos concretos aos que darlle forma. O resultado é Bailadelas cuxo nome xa fai unha clara alusión á obra Bailadela da morte ditosa da que, alén do personaxe, toma a forma de secuencias.

Esa viaxe comeza co Laudamuco, pasa logo pola Chonchoniña, unha personaxe de Saxo tenor e logo está a Criaturas, que da unha visión negativa do ser humano. Pero se hai unha personaxe que para Roi destaca de entre todas elas, esa é Esther de Rastros, á que segundo Roi Vidal “ten máis carne bolañesa”que fala dunha muller condenada ao fracaso polas circunstancias sociohistóricas.

Universo culturagalega.gal

02/05/2013

As mulleres bolañesas

Teatro Antroido regresa á escena homenaxeando o universo feminino de Roberto Vidal Bolaño

16/05/2013

Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño