Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño

Representación de rúa da compañía de Vidal Bolaño.
Representación de rúa da compañía de Vidal Bolaño.
Co gallo do Día das Letras Galegas, o CCG editou este facsímile, que agora podes descargar de balde, da obra de teatro Ruada das papas e o unto. A obra foi estreada por primeira vez nas Pontes en 1981 por parte da primeira compañía de Vidal Bolaño, Teatro Antroido, e vale para comprender a traxectoria teatral e intelectual de Vidal Bolaño. Como sinala López Silva nos textos introdutorios, Vidal Bolaño buscou as raíces do teatro galego nas manifestacións populares parateatrais, coma o Entroido. O resultado: este fermoso mecanoscrito que nos achega ao coidadoso proceso creativo de Vidal Bolaño.