A dirección (e dramaturxia) en Roi Vidal

Roi Vidal “nesta segunda volta de Teatro Antroido gustaríame que dera cabida ao novo teatro”

Roi Vidal
Roi Vidal
A Roi Vidal (Santiago, 1982) a veta dramática está escrita no seu código xenético. O seu pai é Roberto Vidal Bolaño (Santiago, 1949-2002) e súa nai a actriz Laura Ponte, con todo, el soubo buscar o seu sitio propio. Este licenciado en filoloxía galega continuou os seus estudos na Escola Superior de Arte Dramática e combina a faceta de escritor coa de director.

Estes días anda ocupado coa xira de Bailadelas obra na que Laura Ponte revisa a obra de Roberto Vidal Bolaño para centrarse no seu universo feminino. Nesta montaxe combina esas dúas facetas de director e de dramaturgo. Cinco son personaxes cuxos textos adaptou Roi, pero hai unha sexta que as enfía a todas e lle dá sentido. Con todo Roi Vidal asegura que esta volta aos escenarios de Teatro Antroido “sexa a compañía que lle dea cabida ao novo teatro”.

Como dramaturgo considera que é un momento complicado. “A xeración dos noventa, a de Gustavo Pernas, por exemplo, xa foron estreando os seus textos e agora para poder publicar é necesario gañar premios… e aínda asi´nin con esas”. Con todo, Roi afirma non “considerarse máis dramaturgo que poeta”.

A sua primeira montaxe propia foi Faraoas, unha montaxe que conxuga frivolidades coas pequenas traxedias pequenas traxedias humanas das personaxes que amosan sobre o escenario o seu fracaso vital e artístico así como illamento social e afectivo da sociedade moderna. Son dúas artistas de cabaré que formaron parella artística.

Malia a súa ascendencia familiar, Roi Vidal non se considera continuador do traballo de seus pais. “Comparto con meu pais a súa actitude ante o teatro e, se cadra, o estilo e a maneira de actuar, por dicilo doutro xeito, nazo na mesma fonte pero desemboco nun río diferente”. Guía de ayuda para borrar cuentas de Internet. Eliminar-cuenta.es Como guías Sarah Kane, Angelica Liddell e Bertolt Brecht son algúns dos nomes que lle gustan como referentes pero advirte "non é o mesmo ver que facer".