Diego G. Valeiras (O carballiño, 1980) está neste momento centrado en rematar os seus estudos na escola. Fará parte da primeira xeración de escenógrafos formados en Galicia e pretende licenciarse cun proxecto teórico e práctico que irá acompañado dun proxecto real.
Valeiras xa coñece o que é enfrontarse a unha escenografÃa nun suposto real, da súa man saÃron varias escenografÃas das festas do Corpus de Ourense. Eran dous proxectos con moitos artistas con xente do teatro e a danza. “No primeiro deses espectáculos houbo que recrear a ponte romana de Ourense, co reto de que tivera forma de puzzle e montala por pezas no escenario. Foi todo un reto”. Na súa opinión, o máis difÃcil daquel momento foi atopar xente para poder traballar e materializar aquela proposta. Da súa man estivo a escenografÃa dun un proxecto pedagóxico que fixo a ESAD a partir do texto de Casares “Lelo e a bicicleta” ou o deseño de vestiario de A Tempestade. Ademais, realizar numerosas colaboracións en revistas, cartelerÃaÂ…sempre relacionadas co sector.
Para o futuro, Valeiras deberá resolver se continuar pola docencia, un campo no que recoñece sentirse cómodo ou probar sorte nos escenarios. “O plano laboral está moi complicado e sobre todo en Galicia, non é que haxa intrusismo pero hai veces que vemos que un director fai de todo e estamos lonxe dunha normalización e especialización teatral”. Con todo, defende a necesidade da figura do escenógrafo porque “o deseño dun espazo e dun vestiario está apoiado por unha dramaturxia e cada un dos vestiarios ten que ter un porqué dramaturxico porque hai unha máxima que asegura que “todo o que está en escena significa”. A idea ten que ter peso a nivel dramático, porque o escenógrafo interpreta”.
As escenografÃas de Carlos Alonso, a iluminación de Baltarsar Patiño e os traballos de Suso Montero en cine e televisión son algúns dos escenógrafos galegos que Valeiras admira. Con todo, amante da simplicidade, Valeiras recoñece beber moito das fontes “do constructivismo, e dos primeiros grandes escenógrafos (Apia, Gordon Grage Â….traballando por bloques e por paneis, baixo a consigna de que less is more”. Pero se hai unha figura que na súa opinión destaca sobre as demais é “Bob Wilson coa luz que me parece un xenio co que chegou a facer cando el empezou a traballar, que foi un gran referente nos seus comezos”.