Ela é Eva Souto

Eva Souto: "gustaríame traballar co legado cultural que nos é propio"

Eva Souto
Eva Souto
Eva Souto (Mercurín-Ordes, 1980) é coñecida para o público como “Ela” a personaxe feminina que lle da a réplica a Manquiña en Días sen gloria, a última coprodución do Centro Dramático Galego. “Presenteime a unhas probas e aquí estou, encantada coa experiencia” asegura Souto.

Eva procede da ESAD pero aínda non rematou. “Para facer cuarto necesitas unha dedicación exclusiva para os que temos que simultanear estudos con traballo, decidín coller aire un ano para poder aforrar e acabar”. Alén da ESAD, Souto ten unha ampla traxectoria formativa curtida na escola de Teatro Santart, onde estudou interpretación, realiza obradoiros intensivos de esgrima escénica, narración oral,clown e maquillaxe e actúa en E co violín qué facemos? (2007).

A súa experiencia previa chégalle de diferentes vías, da man do grupo Bicodobrelo Teatro, da Universidade de Santiago de Compostela, co que participa nas pezas Matilde (2009), baixo a dirección de Roi Vidal, e Comedia bífida (2008), dirixida por Tero Rodríguez. En 2010 crea, xunto con Roi Vidal, a peza experimental Os días infelices, traballo que foi galardoado cunha mención de honra no Premio Ibérico de Interpretación Marta Sieiro.

Eva Souto está moi vencellada ao colectivo Xestal, que era o gran contadador de historias e dos que tocan o bombo. “Tonino, Xico de Tarina e máis eu, e estamos recuperando lendas e músicas tradicionais para o que andamos argallando un espectáculo de pequeño formato”. Pero ten moitas máis cousas en mente con Simón Piñon de Nasdrovía pero que “aínda precisan moito tempo e como non traballamos cunha data fixa, senón ata que o espectáculo estea completo”.

Entre os seu referentes hai moita xente que foi coñecendo na súa incipiente carreira: Charo Rodriguez, o director de escena rumano Theodor Smeu, Josua Rosmacare, un actor de góspel que está en Santiago de Compostela…e moito outros. “Hai referentes de teatro de aquí e co que me gustaría traballar, co legado cultural que nos é propio" asegura esta actriz que destaca a necesidade de afondar na nosa raíz cultural á hora de facer teatro.