Coidado coas espiñas

Lito Portela mestura escultura e son en Espiñas coroadas

A Fundación Laxeiro de Vigo acolle ata o vindeiro 14 de xullo a mostra Espiñas coroadas. O proxecto, comisariado por Carlos L. Bernárdez, recolle tres pezas escultóricas de Lito Portela que van acompañadas de textos de Manolo Romón e dunha composición musical de Julián Hernández. O escultor representa un marco, un banco e mais unha escaleira cargados de espiñas nunha mostra que xoga co espazo da Fundación para crear un ambiente no que o extrañamento e o poético se mesturan. A mostra xa puidera verse o pasado ano na sala ourensá Alterarte.

Galería: <i>Espiñas coroadas</i>

Galería: Espiñas coroadas

Fonte: Fundación Laxeiro

Banco. <i>Espiñas coroadas</i>

Banco. Espiñas coroadas

Fonte: Fundación Laxeiro

Marco. Peza de <i>Espiñas coroadas</i>

Marco. Peza de Espiñas coroadas

Fundación Laxeiro

Detalle dunha peza de <i>Espiñas coroadas</i>

Detalle dunha peza de Espiñas coroadas

Fundación Laxeiro

Montaxe de <i>Espiñas coroadas</i> na sala ourensá Alterarte

Montaxe de Espiñas coroadas na sala ourensá Alterarte

Fonte: Atalaia