Cantares Gallegos, de RosalÃa de Castro é a obra que protagoniza o concerto do DÃa das Letras que organiza o Consello da Cultura co lema Aqueles doces cantares. A entidade reuniu vinte membros da Asociación Galega de Compositores que elaboraron 36 pezas, cunha duración dun minuto cada unha e inspiradas en cadanseu poema da segunda edición da obra de RosalÃa. Unha formación de nove músicos interpretarán estas obras orixinais acompañados por doce membros da Asociación de Actores e Actrices que recitarán os fragmentos de poemas que inspiraron as músicas. O concerto celebrarase o vindeiro 16 de maio en San Domingos de Bonaval a partir das 20 horas con entrada libre.
O evento, que conta coa colaboración da Asociación de Compositores e mais da Escola Superior de Arte Dramática, terá dirección escénica a cargo de Cristina DomÃnguez.
Segundo adiantou Maximino Zumalave, coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello, o concerto contará con "música moi diferentes, desde pezas descritivas que se centran na ambientación do poema ata propostas máis especulativas ou mesmo cantigas". Cristinda DomÃnguez, pola súa banda, sinalou que supón "un reto" traballar cuns textos tan coñecidos polo grande público e sinaloua súa intención de "fusionar escenografÃa, textos, música e espazo, de xeito que os actores, os músicos e o público representen o pobo galego".
Segundo destacou Margarita Viso, da Asociación de Compositores, "Cantares Gallegos é unha obra tremendamente musical, hai pezas que semellan escritas ao compás, e vesa que a autora tenta resolver o ritmo dos versos. A verdade é que resulta un texto que case pide que se lle poña música".
Partituras e textos Ãntegros de Aqueles doces cantares no web do Consello da Cultura.O evento, que conta coa colaboración da Asociación de Compositores e mais da Escola Superior de Arte Dramática, terá dirección escénica a cargo de Cristina DomÃnguez.
Segundo adiantou Maximino Zumalave, coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello, o concerto contará con "música moi diferentes, desde pezas descritivas que se centran na ambientación do poema ata propostas máis especulativas ou mesmo cantigas". Cristinda DomÃnguez, pola súa banda, sinalou que supón "un reto" traballar cuns textos tan coñecidos polo grande público e sinaloua súa intención de "fusionar escenografÃa, textos, música e espazo, de xeito que os actores, os músicos e o público representen o pobo galego".
Segundo destacou Margarita Viso, da Asociación de Compositores, "Cantares Gallegos é unha obra tremendamente musical, hai pezas que semellan escritas ao compás, e vesa que a autora tenta resolver o ritmo dos versos. A verdade é que resulta un texto que case pide que se lle poña música".
Programa de Aqueles doces cantares.