
O evento, que conta coa colaboración da Asociación de Compositores e mais da Escola Superior de Arte Dramática, terá dirección escénica a cargo de Cristina DomÃnguez.
Segundo adiantou Maximino Zumalave, coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello, o concerto contará con "música moi diferentes, desde pezas descritivas que se centran na ambientación do poema ata propostas máis especulativas ou mesmo cantigas". Cristinda DomÃnguez, pola súa banda, sinalou que supón "un reto" traballar cuns textos tan coñecidos polo grande público e sinaloua súa intención de "fusionar escenografÃa, textos, música e espazo, de xeito que os actores, os músicos e o público representen o pobo galego".
Segundo destacou Margarita Viso, da Asociación de Compositores, "Cantares Gallegos é unha obra tremendamente musical, hai pezas que semellan escritas ao compás, e vesa que a autora tenta resolver o ritmo dos versos. A verdade é que resulta un texto que case pide que se lle poña música".
Programa de Aqueles doces cantares.