A Editorial Galaxia presentaba esta mañá RosalÃa pequeniña, un libro disco que mestura poemas de RosalÃa de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de UxÃa. O proxecto, editado na colección Sonárbore, está dirixido aos máis pequenos da casa e presenta unha RosalÃa meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes. No disco atópanse colaboracións como as de Sés, Isaac PalacÃn, Habelas Hainas ou MagÃn Blanco, e con Sergio Tannus a cargo da gravación e da dirección musical. O volume conta cun total de 28 páxinas e sae á venda por 20 euros.