Compostela acolle o I Campeonato de Improvisación Teatral galego

A cita terá cada sábado ata o 15 de xuño en diferentes locais da zona vella

Dous improvisadores que crearán historias a partir das propostas do público. Un presentador: o actor e cómico Antón Coucheiro. Un xurado: o público presente nos bares de Compostela que participan no I Campeonato de improvisación teatral galego. Unha cita que se desenvolverá cada sábado en varios locais da zona vella de Santiago. O programa contén parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago) e os finalistas bateranse nun dó no Salón Teatro. O concello de Santiago e varios locais da zona vella promoven esta iniciativa pioneira en Galicia.

Programa
11 MAIO.BAR CAMALEA 22:30 horas
Los Hijos de Marisol VS. Las FrikiManga
(Alfonso Medina y Dani Blanco //// Noemí Miranda y Marta Iglesias)

18 MAIO CAFÉ-BAR GARIGOLO 22:30 horas
McCarras VS. Curas Matrix
(Miguel A. Canalejo y Omar Ferrín /// Aitor Garuz y Olalla Tesouro)

25 MAIO. ULTRAMARINOS 22:30 horas
Las Catequistas VS. Viajeros del Tiempo
(Marita Martínez y Lucía Veiga /// Arturo Cobas y Akira Valero)

30 MAIO. O ATENEO TRINTA 22:30 horas
Los Agentes Secretos VS. Los Loosers
(Sandra Varela y Antonio Delgado /// (Grupo aínda sen confirmar)

1 XUÑO ZONA C 21:00 horas
Primeira Semifinal

8 XUÑO ZONA C 21:00 horas
Segunda Semifinal

15 XUÑO TEATRO PRINCIPAL 21.00 horas
Finalísima ImproChampios League

Prezos e entradas
Os prezos son de 4 euros nos locais das eliminatorias, 6 euros nas semifinais na Zona C e 8 euros a final no Teatro Principal
Haberá un bono total, os 7 espectáculos por 25 euros, e un bono para as semifinais e final 15 euros
As entradas das roldas eliminatorias mercaranse en cada un dos locais ese propio día
As entradas para a as Semifinais, a Final e os bonos poderanse mercar na Regadeira de Adela, na Zona C, no Teatro Principal ou nos locais das eliminatorias o propio día das actuacións.