Multiplícanse os encontros de pensamento sobre a crise

Diferentes iniciativas chaman a reflexionar sobre a situación actual

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Multiplícanse na axenda as citas para reflexionar sobre a situación actual. Por unha banda, en Vigo comezan mañá as XXI Xornadas de Filosofía que organiza o colectivo Aletheia. Co lema ¿Estamos ante unha nova etapa histórica? o encontro abordará ata o vindeiro 10 de maio perspectivas como a de Javier Muguerza, Ubaldo Martínez Veiga, Jesús Mosterín, Félix Ovejero Lucas ou Francesc de Carreras. De xeito paralelo, en Lugo comezaba esta mañá o IX Curso de Primavera da Universidade de Santiago, que se desenvolve baixo o lema A crise de Occidente, unha visión multidisciplinar. Con Ignacio Ramonet a iniciar as intervencións e Federico Mayor Zaragoza como encargado do feche, o encontro contará coa presenza de 15 profesores da USC.

Para setembro, esta mesma institución convoca para setembro, e no marco dos seus cursos de verán, o encontro Cartografías das resistencias: Transformacións da clase política ou as revoltas globais. As redes de comunicación e os contradiscursos, a desobediencia civil, a lingua e o poder ou as drogas son algunhas das cuestións que se abordarán.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, USC, Lugo, Zaragoza...