O festival de Cans celebra os seus dez anos ollando cara a súa traxectoria

As entradas poñeranse á venda no web este xoves 9

7/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Presentación X Festival de Cans

Jorge Ilegal, Juanma Bajo Ulloa, Gran Wyoming, Tony Lomba e Silvia Superstar son algúns dos nomes que fan parte da historia do festival de Cans. Pero non só de edición pasadas, senón que eles volverán este ano para celebrar o décimo aniversario. O certame seguirá sendo fiel ao formato de curtametraxes pero presenta algunhas novidades. Dunha banda, Cans visibles para dar cabida a traballos que reflexionen sobre a identidade sexual e outra para novos xéneros audiovisuais. O certame tamén tira da historia local para homenaxear a Rogelio Groba compositor galego máis prolífico que aínda está en activo. Ademais, neste espazo presentaranse as longametraxes Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa, Encallados de Zarauza, e Toñito Blanco, so, perdido e vicioso.A cita en Cans(Porriño) do 22 ao 25 de maio.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Festival de Cans, Rogelio Groba, Identidade...

Claves

Entidades
Conceptos