A fonte de inspiración estaba nun proxecto que, aínda extinto hai un século, continúa a ser innovador. Unha alianza entre Peinador, Barreras e Massó con empresarios británicos de transporte crearon o primeiro destino turístico galego para os británicos. A iniciativa, exitosa malia ser truncada pola I Guerra Mundial, está na base do proxecto Tesouros de Galicia, unha nova asociación que procura valorizar o patrimonio e dalo a coñecer como un valor activo e económico para Galicia.
O obxectivo de Tesouros de Galicia é a valorización do patrimonio. Cremos que detrás da obriga de manter e recuperar o patrimonio, o que hai en realidade é unha oportunidade, asegura Javier Rodríguez Losada, presidente de Tesouros de Galicia, porque o patrimonio é un valor activo e un recurso económico que hai que poñer en valor desde o punto de vista da sustentabilidade tanto formal como económica.
Este énfase na rendibilidade económica do patrimonio cultural procede da cultura profesional das persoas que forman a entidade, nada habitual no ámbito do patrimonio cultural galego. Tesouros de Galicia nace a partir da iniciativa da Fundación Mondariz Balneario. Segundo o presidente de Tesouros de Galicia, tratábase de construír unha entidade de ámbito galego, sen presenza institucional nos órganos de goberno, que permitise que se incorporasen colectivos e xentes de sensibilidades moi distintas. Por outra banda, o feito de que Mondariz non só sexa un territorio, senón unha marca comercial moi forte, podía ser un problema para que nos apoiaran outras empresas, así que decidimos comezar desde cero, para evitar calquera tipo de contaminación ou sospeita de aliñamento, asegura Javier Rodríguez Losada.
O punto de partida para poñer isto en marcha, é a criterio de Rodríguez Losada, o turismo. É a primeira industria de Galicia e pensamos que ao redor do turismo parece lóxico desenvolver os primeiros proxectos, asegura Rodríguez Losada, pero coa crise económica o turismo doméstico interior é o que máis está sufrindo. Sempre soubemos que o turismo internacional está en mellores condicións e estamos pensando especialmente nel.
National Trust
A vocación internacional de Tesouros de Galicia e a súa conexión co mercado turístico e a cultura británica é fundamental desde o primeiro momento. Tesouros de Galicia é a primeira entidade radicada no Estado español en formar parte do International National Trusts Organization, a división internacional do National Trust, a organización sen ánimo de lucro en defensa do patrimonio cultural máis importante de Europa, con máis de tres millóns de membros. Eles teñen máis de trescentos puntos de interese e unha experiencia de case 120 anos na promoción do patrimonio, asegura Javier Rodríguez Losada. Para inaugurar a vida pública de Tesouros de Galicia, varios membros do National Trust percorreron Galicia para coñecer os modelos galegos de patrimonio cultural.
Sorprendéronme varias cousas deles, coma o feito de que non coñecían a existencia de Galicia. A medida que pasaban os días e iamos vendo as súas caras ao visitar os monumentos que vimos, ficaron impresionados, asegura Rodríguez Losada. A viaxe enteira, financiada polos Balnearios de Galicia, foi transmitida en directo polas redes sociais a partir dunha colaboración coa Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago. Os visitantes coñeceron monumentos e experiencias ao longo de toda Galicia, desde sesións de literatura oral popular no Castelo de Narla, o patrimonio esquencido do rural como a Igrexa de Ventosa (Agolada) ou as explotacións de wolframio testemuña da Segunda Guerra Mundial en Forcarei, canda os monumentos conmemorativos coruñeses do apoio británico durante a Guerra da Independencia. Tesouros de Galicia xa está a planificar co National Trust a celebración dun congreso internacional da entidade en 2014 en Galicia e en traballar a visibilidade do Camiño Inglés.
Gañar un público para o patrimonio cultural
Temos que comezar polo máis básico, sinala Rodríguez Losada, as empresas funcionan porque venden produtos a clientes. Se os clientes valoran algo as empresas preocúpanse por iso, así que debemos involucrar á sociedade no patrimonio cultural para que as empresas apoioen decididamente estes recursos.
Para continuar coa actividade da asociación, Tesouros de Galicia reunirá o 14 de maio en Mondariz a directivos de comunicación e marketing de empresas galegas para debatir ao redor do concepto de marca-país en relación a Galicia, e como construír esta idea para o futuro