Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo é a obra coa que Laura Tato se facÃa esta fin de semana co XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. A gañadora levará 4.000 euros de premio e verá publicado o seu traballo na editorial Sotelo Blanco. O xurado destacou a aproximación de Tato á produción dramática de Pedrayo, desde obras teatrais na liña das vangardas europeas ata guións para cinema xa na década dos 50. Asimesmo, apuntou o incremento de obras que se presentaron a esta edición e mais a súa calidade.